Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

A circulación de trens entre Ferrol e A Coruña mantense interrompida por "incidencia operativa" tras o temporal

Está a ofrecerse un plan alternativo de transporte por estrada

Estación de tren de Betanzos-Infesta. |  V. Echave

Estación de tren de Betanzos-Infesta. | V. Echave

E. P.

A circulación de trens entre Ferrol e A Coruña mantense, desde hai uns días, interrompida por "incidencia operativa derivada das condicións meteorolóxicas adversas".

Así o confirmaron a Europa Press desde Renfe en relación á situación do servizo tras a suspensión a semana pasado. "A compañía está a realizar labores de exploración e traballa para restablecela en canto sexa posible".

"Os viaxeiros están a ser informados o contacto facilitado ao adquirir os billetes e se está a facilitar un plan alternativo de transporte por estrada", explican.

Consultados se a situación ten que ver co accidente dun tren de mercancías ao seu paso pola Barcala (Cambre), a última hora do mércores, ao impactar contra un eucalipto que caera sobre os carrís debido a unha das últimas borrascas, explicaron que esa "incidencia puntual quedou liquidada".

"No entanto, mantéñense os labores de exploración da vía", remarcaron sobre a situación neste caso e en relación a unha incidencia con condicións meteorolóxicas adversas.

Tracking Pixel Contents