Que tempo fará na Coruña este luns? Así arrinca unha semana de tempo moi cambiante
Consulta a predición meteorolóxica para os próximos días na cidade

Ceo con nubes e claros na Coruña. / LOC
Néboa, sol, chuvascos treboentos... Os mapas do tempo coas previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) e Meteogalicia para os próximos días na Coruña traen un pouco de todo. Galicia atravesará unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, así que a predición meteorológia reflicte esa situación de inestabilidade que chega con cambios nos que aparecen días con moi baixa probabilidade de precipitacións pero tamén xornadas con algunhas choivas. A continuación detallamos que tempo fará cada día segundo os prognósticos dos organismos especializados.
Hoxe luns 20 de abril o día comezará con algúns bancos de néboa no litoral coruñés. Será en xeral unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, con alternancia de nubes e claros e con temperaturas máis baixas que as da fin de semana, posto que hoxe as mínimas quedarán en 10 graos e as máximas non superarán os 17 graos.
Para mañá martes día 21 tanto Aemet como Meteogalici prevén o regreso das choivas. A xornada arrincará sen precipitacións pero a partir do mediodía increméntase a probabilidade de chuvascos de tipo treboento. Chegan acompañados, iso si, dunha subida dos termómetros, que alcanzarán máximas de 25 ó 26 graos, así que o ascenso térmico será moi notable na Coruña.
O mércores día 22 decae de novo a probabilidade de choiva. Nin a Aemet nin Meteogalicia prevén de momento precipitacións ao longo desta xornada na que alternarán nubes e claros, e as temperaturas volverán a valores máis normais para esta época do ano, con máxima de entre 18 e 21 graos segundo as previsións de ambas as axencias meteorolóxicas, respectivamente.
E como virá a segunda metade da semana? O xoves día 23 mantense aínda unha situación de estabilidade atmosférica, con nubes pero con baixa probabilidade de choivas, aínda que Galicia entra nun período no que as baixas presións van situar ao oeste de Portugal, deixando un panorama de "inestabilidade atmosférica con tempo moi cambiante, con probabilidade alta de choiva, ata de carácter treboento, e temperaturas que non rexistrarán moitos cambios", segundo avanza Meteogalicia.
Seguiremos con atención a evolución dos prognósticos de Aemet e Meteogalicia para concretar o tempo que vén cada día desta semana na Coruña. Más información.
- Oleiros négase a 'regalar diñeiro público' para que o 1A chegue a Santa Cristina
- Kevin Sánchez: 'No Dépor estás nunha burbulla moi bonita e cando salgues, ves que hai moitísimo fútbol, é unha volta á realidade
- Arteixo termina a demolición de cinco inmobles para a construción dunha mini rotonda no cruzamento de Morás
- Un San Bernardo de 90 quilos, Oso, estrela na feira de mascotas Pata Pata 2026 da Coruña
- Jevaso, provedora de Inditex e Mango, reduce persoal e reforza o seu equipo directivo
- O Concello da Coruña cambia de modelo de mercado do Nadal e investirá 381.000 euros
- O fotógrafo convertido a cociñeiro de Cambre: 'Facemos unha cociña de avoa, pero un pouco máis refinada
- O 'día espello' da eclipse na Coruña: por que debes mirar pola túa fiestra este 30 de abril