Pedro Sánchez pasou de defender a inocencia do Fiscal Xeral do Estado, procesado por un delito de revelación de segredos, así como a da súa esposa e irmán, imputados en diferentes causas, a cargar directamente contra os xuíces que instrúen estas causas. Escudándose na denominada guerra sucia xudicial -lawfare-, o presidente do Goberno cuestionou que "hai xuíces facendo política". Unha minoría, segundo matizou, pero sobre a que alertou porque "fan un inmenso dano á xustiza". Tanto é así, que reclamou ao CGPJ unha "reflexión" para defenderse do que considera “procesos que son defectuosos tanto no fondo como na forma”.