Calendario escolar en Galicia: estas son as vacacións do próximo curso 2021/2022

Nenos á saída dun colexio de Santiago, nas vacacións de Nadal. / Xoán Álvarez
R. V.
A proposta de calendario escolar da Xunta de Galicia para o próximo curso 2021/2022 prevé que o mesmo comece o 8 de setembro de 2021 para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial e finalicen o 21 de xuño de 2022; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato e Formación Profesional o inicio de curso será o 15 de setembro e prolongarase ata o 21 de xuño de 2021.
Nos ensinos de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Así mesmo, establécense tres períodos de vacacións :
- Nadal: desde o 23 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
- Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.
- Semana Santa: desde o 11 ata o 18 de abril de 2021, ambos inclusive.
Tampouco serán días lectivos as declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade autónoma, así como o Día da Educación, que se celebrará o 11 de outubro de 2021.
- Veroño en Galicia': Ata cando durará este veranillo de outubro?
- Unha muller de 91 anos morre en Cabanas nun accidente de tráfico na autoestrada AP-9
- Fabio, de 36 anos, herdou un piso: «Son un privilexiado: de vivir alugado entre pingueiras pasei a ter casa propia»
- Un ‘criadeiro de morte’ en Mesón do Vento con 250 cadáveres de animais
- Un outubro de calor inusual: ata sete graos por encima do normal
- O Sergas renuncia a concertar a práctica de abortos coa privada
- Distraccións ao volante: o perigo de ver series de Netflix mentres conduces
- TVE retransmitirá vos partidos dá Selección Española en galego por primeira vez: así tes que facer para escoitalo