
Gus da Paz
Caravana de coches reclamando melloras no ensino concertado de Galicia
O ensino concertado de Galicia marchou este xoves nunha caravana de coches polas cidades da Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago e Ourense para reclamar melloras económicas e laborais pendentes "dende hai case 20 anos", segundo explican no seu comunicado conxunto. A marcha, que na Coruña saíu ás 18.30 horas desde o edificio sindical en Alfonso Molina, estaba convocada por Esie Galicia, UXT, CC.OO., Feuso, CIG e SNEP. Esta mobilización sumar ao calendario que o persoal do sector realiza desde maio e sinalan esta como o paso previo "á cuarta folga" convocada no sector en tres meses. A data prevista para o parón é o próximo 15 de decembro. Más información



