Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Marineda City anuncia catro novas aperturas e alcanza o 100% de ocupación na súa segunda planta

Unha das cadeas máis coñecidas de repostería abrirá o seu segundo local na cidade

Inauguración de la ampliación de Marineda City

Inauguración da ampliación de Marineda City / Iago López

A Coruña

O centro comercial máis grande de Galicia, Marineda City, continúa con novas inauguracións tras a ampliación do recinto na zona que antigamente ocupaba O Corte Inglés desde a inauguración do complexo. Agora, anuncia catro novas incorporacións á súa oferta comercial e de lecer.

Ademais, o centro alcanza o 100% de ocupación na súa segunda planta, a dedicada integramente a restauración e lecer. "Con máis de 30 establecementos de restauración, Marineda City concentra unha das ofertas gastronómicas máis amplas de Galicia. A súa proposta inclúe desde hamburgueserías e cociña americana, street food e conceptos urbanos, cociña asiática e internacional, restauración italiana, cafeterías e bakery coffee, que se complementa con variadas opcións familiares e de lecer pensadas para adaptarse a distintos momentos de consumo e perfís de visitante", detallan nunha nota de prensa.

Tres establecementos e unha caseta

Entre as novas incorporacións destaca Manolo Bakes, unha das cadeas máis coñecidas de repostería, e que xa conta cun local nos Cantóns, no centro da Coruña. Situarase na primeira planta, xunto a Primark e abrirá en breve. Segundo destacan no comunicado, "a insignia converteuse nun auténtico fenómeno gastronómico en España grazas a un concepto que combina produto de calidade, imaxe coidada e unha experiencia de consumo áxil e actual".

Outra das novidades é o restaurante PPANG, que xa está dispoñible na segunda planta. Tal e como detalla Merlin, a empresa que xestiona Marineda City, este establecemento está inspirado no street food coreano que sitúa o sándwich como protagonista dunha proposta gastronómica urbana e chea de personalidade.

Tamén na planta 2 do complexo abrirá nuns días Lle Coq, un restaurante centrado nas carnes á brasa. "Conta cunha cociña inspirada en receitas e sabores do mundo, onde o protagonismo recae no produto e na intensidade da grella", explican.

Ademais, Marineda City tamén incorpora unha nova caseta de venda de cookies.

Tracking Pixel Contents