Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Intervidos máis de 112 quilos de percebe nun operativo contra o furtivismo na Coruña

Foron identificadas 53 persoas e tramitáronse 48 denuncias nunha operación desenvolvida entre o 14 e o 17 de xullo pola Policía Nacional e o servizo de Gardacostas en colaboración coa confraría de pescadores A Coruña

Un puñado de percebes en una subasta

Un puñado de percebes nunha poxa / Gonzalo Núñez

Xa nos segues?Márcanos como medio preferente
Engádenos en Google

Axentes da Policía Nacional e efectivos do servizo de Gardacostas de Galicia, en colaboración coa confraría da Coruña, interviñeron máis de 112 quilos de percebe, identificaron a 53 persoas e tramitaron 48 denuncias no último operativo contra a extracción ilegal de recursos mariños na costa da Coruña desenvolvido entre o 14 e o 17 de xullo.

O percebe extraído de forma ilícita foi doado a un centro benéfico e no operativo tamén foron intervidas ferros de poliespán e equipamento de submarinismo profesional.

A confraría de pescadores da Coruña localizou a dous individuos que realizaban extracción furtiva equipados con traxes e material de submarinismo profesional, o que lles facilitaba o acceso a zonas de difícil alcance para obter exemplares de maior tamaño.

“Esta práctica non só agrava o espolio do medio natural, senón que supón unha vantaxe inxusta e competencia desleal para os profesionais do sector”, advirte a Xunta.

Noutro dos operativos, foi necesaria a intervención policial para apoiar ao servizo de Gardacostas debido á actitude hostil dos furtivos.

As actuacións enmárcanse no reforzo realizado pola Unidade de Policía Nacional adscrita a Galicia (UPA), en colaboración coa coa Consellería do Mar e coas confrarías de pescadores, para loitar contra o furtivismo e protexer os recursos mariños.

Tracking Pixel Contents