Un espírito percorre Europa: o Festival EmigraSON remata a súa cuarta edición con preto de 2.500 participantes
Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Música galega

Un espírito percorre Europa: o Festival EmigraSON remata a súa cuarta edición con preto de 2.500 participantes

Ou evento congregou a case 1.500 persoas en Bruxelas para escoitar a The Rapants, Baiuca, Sabela e Ortiga

As xornadas organizadas por mozos emigrados contaron con concertos, foliada e charlas

Concerto de The Rapants na sala La Madeleine de Bruselas durante o EmigraSON 2026

Concerto de The Rapants na sala La Madeleine de Bruselas durante o EmigraSON 2026 / Pablo Vázquez / EmigraSON

Víctor P. Currás

Bruxelas (Bélxica)

«Nunca olvidar, sempre volver». Con este lema o festival EmigraSON chegaba á súa cuarta edición, xa consagrada como unha das grandes citas culturais do inverno malia a celebrarse a máis de 1.200 quilómetros de Galicia. O evento celebrado en Bruxelas congregou a preto de 2.500 participantes entre todos os concertos e conferencias entre o xoves 26 e o sábado 28 de febreiro. Porque o que se viviu estes na capital belga non foi a pantasma do poema de Alberti, senón un espírito, moi vivo, que percorre Europa ao ritmo dunha foliada.

Pero non só da troula vive a emigración. O xoves o profesor Manuel Gago e a actriz Sole Felloza protagonizaron un coloquio sobre o pasado e futuro do país no Instituto Cervantes. O venres chegou a visita institucional á Casa da Historia Europea e o Parlamento da man dos eurodeputados Ana Miranda (BNG), Nicolás González Casares (PSdG) e Francisco Millán Mon (PPdG), Ata alí chegaron comandados por A Roda (Lausanne) e a Irmandade Galega na Suíza a ritmo de gaitas.

A delegación do EmigraSON ao completo ante o Parlamento Europeo

A delegación do EmigraSON ao completo ante o Parlamento Europeo / Pablo Vazquez Varela

Como representante da Xunta debutou o sábado o conselleiro de Emprego, José González. Pola noite a sala La Tricoterie -onde no 2024 eran apenas 500 os participantes- tivo a 9Louro, Fer (ex-integrante de Verto) e Paloma Paloma como protagonistas dunha proposta centrada nas novas sonoridades da escena galega actual, pechando a sesión Duendeneta Dilleis.

Xa o sábado o foco pasou a La Madeleine, no corazón da capital comunitaria, con Sabela Ramil como encargada de levantar o pano. A pontesa é unha das que mellor conxuga esa Nova Canción Galega, alternando temas líricos propios ou bailando entre o público. En galego ou castelán. No mesmo escenario polo que pasaron Judeline, Billie Eilish ou Maneskin, o sábado mandaba ela.

Entre o público ducias de camisetas de fútbol, especialmente do Celta para constatar que agora mesmo a vangarda social e cultural galega vai da man do clube vigués. A eliminatoria contra o PAOK do xoves, as conversas sobre cómo chegar a Lyon o 19 de marzo e unha quedada na Grand Place con outras agrupacións estranxeiras coronaron o primeiro aniversario da Peña Europa Celta.

Ese espírito agromou con Ortiga, saldando así unha «espiña clavada» coa cita belga xa que un erro nas portas de embarque de Barajas impediulle acudir o ano pasado a despedir aos seus queridos Terbutalina. A súa vinganza tornouse en algo persoal e pasou os 15 días previos a esta viaxe preparando o bolo. O Chicho convertiu a sala nunha auténtica verbena pola que pasaron merengues, cumbias, mambos e varias sorpresas en clave galega. Dende versións de «Licor Kafé (Lamatumba)» ou «Compostela» á gravación do videoclip do novo tema con Kike Varela.

A festa abriu a veda para os pogos e súar a fondo antes de que chegara Baiuca, un dos grandes nomes que o EmigraSON tivo que madurar antes de poder gozar dentro do cartel. A proposta a medio camiño entre a tradición e a electrónica namorou aos convidados de Brasil, Alemaña ou Italia que acudiron a unha sala que ampliu aforo ata as 1.500 entradas despois de agotalas no 2025.

Derradeira viaxe no Saltamontes

Quedaba aínda o plato forte da noite con The Rapants, quenes reservaron a derradeira volta na súa Máquina del Buen Rollo para unha cita na que só faltaron na anterior edición. Despois de 75 concertos a banda despedía a xira do seu xa famoso saltamontes estreando algúns dos seus novos temas como 'Viaxei' ou 'Non sei como' entre pogo e pogo.

O tamén integrante de Boyanka Kostova remataba a súa actuación con «Fanántica sensual», un dos grandes himnos do reggaeton e que lle deu nome á banda de músicas que o a compaña. Os de Esteiro despedían a súa xira co «Yo quiero bailar» de Sonia y Selena. Pero o peche definitivo tiña que chegar co Himno Galego e unha longa ovación á organización do festival. O grupo de amigos emigrados que no 2022 comezaron a soñar con escoitar aos seus grupos favoritos na súa residencia habitual conseguiu consagrar un espazo «único e diferente», como constatan os músicos, ao resto de festivais do circuito. Unha convivencia entre artistas, creadores de contido e público que invita a recuncar.

A noite seguiu na xa coñecida Rue Franklin, onde a presencia policial volveu a marcar o fin de festa. «Sempre hai que volver», recoñecían os que o domingo pola mañán facían o camiño aos aeroportos nunha resaca tan física como emocional. Sexa así, de hoxe nun ano.

TEMAS

Tracking Pixel Contents