El Deportivo firma a Daniela Caracas: contrato hasta 2028
Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Deportivo

El Deportivo firma a Daniela Caracas: contrato hasta 2028

La internacional por Colombia llega procedente del Espanyol

Daniela Caracas, durante un partido del Espanyol ante el Barcelona

Daniela Caracas, durante un partido del Espanyol ante el Barcelona / Europa Press

Xa nos segues?Márcanos como medio preferente
Engádenos en Google
Xane Silveira

Xane Silveira

A Coruña

A Deportivo firma a Daniela Caracas, defensa colombiana de 29 anos que chega procedente do Espanyol. A xogadora nada en Cali asina dous cursos, ata 2028, tras pasar por clubs como Atlético Huila no seu país natal ou o DUX Logroño en España. Levaba desde 2021 no conxunto periquito.

Fichaxe de renome para a zaga branquiazul. A experimentada xogadora colombiana reforza a un Deportivo Abanca que sufriu máis dunha ducia de baixas tras finalizar o curso. Despois de anunciar a continuidade de Marisa García, en propiedade, ou distintas renovacións como as de Espe Pizarro, Lucía Rivas ou Redru, o club empezou a presentar ás novas integrantes do proxecto.

Daniela Caracas chegou ao fútbol español da man do actual DUX Logroño (EDF cando xogou ela). Co Espanyol disputou na tempada pasado 24 partidos, 22 xogando de titular.

Caracas destaca tamén pola súa traxectoria internacional. Ten experiencia na Copa América con dúas participacións: en 2018 e en 2022.

Tracking Pixel Contents