A Xunta cursa tres sanciones ao mes por fraude a titulares de vivenda protexida
A Administración recadou máis de 1,4 millóns no últimos seis anos por non empregar pisos sociais como residencia habitual, arrendalos sen permiso ou vendelos
A conselleira de Vivenda, onte, na visita a obras de vivendas públicas en Santiago. / Antonio Hernández
Mateo g. Triñanes
A Administración autonómica abriu entre os anos 2019 e 2025 un total de 195 expedientes sancionadores por incumprimentos da normativa de vivenda protexida galega. Isto son case tres sanciones ao mes por fraude aos titulares destes inmobles por non usalos como residencia habitual, arrendala sen permiso ou por un prezo maior ao establecido e, ata, vendela sen expirar o período de protección —nalgúns casos incorrendo en varias destas casuísticas—.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a este diario, o Executivo galego recadou máis de 1,4 millóns de euros debido a estes expedientes sancionadores, que afectan tanto as vivendas de protección pública (VPP) como ás vivendas de protección autonómica (VPA).
Esta actividade sancionadora desenvolveuse nun escenario marcado polo incremento sostido do prezo da vivenda, tanto no mercado de compra como no de aluguer. Neste contexto, a Xunta apostou polo impulso de novas promocións de vivenda protexida, sobre todo desde 2023, cando tras lograr a súa primeira maioría absoluta, Alfonso Rueda prometeu duplicar o parque público de vivenda antes do fin da lexislatura.
Unha circunstancia que incrementou o interese pola vivenda protexida, concibida como unha ferramenta para facilitar o acceso a unha residencia habitual e permanente a persoas e familias con maiores dificultades para acceder ao mercado libre. Tal é así que no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) figuran inscritas máis de 28.400 persoas neste momento.
No entanto, precisamente para garantir a súa función social, a normativa autonómica establece que as vivendas protexidas deben destinarse obrigatoriamente a residencia habitual e permanente, prohibindo expresamente o seu aluguer ou cesión sen autorización, así como a súa desocupación inxustificada durante períodos prolongados.
A tenor dos datos de inspección, máis da metade das sancións non teñen que ver coa especulación destes inmobles públicos, senón con vivenda protexida que se atopa baleira ao non exercer como residencia habitual dos seus titulares. Este é o motivo de sanción en 122 dos casos, o que supuxo multas desde os 750 ata os 15.000 euros.
O segundo motivo principal de sanción é o arrendamento da vivenda, ben sen contar co permiso perceptivo para iso ou alugándoa por un prezo máis elevado ao autorizado. Por estes motivos, Vivenda impuxo 69 sancións no últimos seis anos. Por norma xeral, este tipo de sanción supón as multas máis elevadas que de media roldan os 15.000-20.000 euros. Aínda que, en 2021, o titular dunha vivenda de protección en Lugo foi sancionado con 86.083 euros por alugar a súa vivenda por un prezo superior ao permitido.
Á hora da venda, cabe apuntar que unha vez superado o período de protección, que polo común é de dez anos aínda que pode estenderse, o titular dunha vivenda protexida pode vendela por un prezo máximo que establece a Administración.
No período mencionado, os inspectores detectaron a transacción de dous inmobles que non superaran o período de protección. Ambas as en 2020, en pleno confinamento polo Covid. A primeira foi vendida na provincia da Coruña e comportou unha sanción de 9.000 euros. Mentres que a outra se situaba na provincia de Lugo e o beneficiario tivo que asumir unha multa de 20.000 euros pola operación fraudulenta. Ademais, tan só un ano máis tarde, de detectou a venda dunha VPA por un valor superior ao permitido en Pontevedra, o que supuxo ao seu titular unha sanción de 9.000 euros.
Mentres noutras comunidades o subarriendo de habitacións a outras persoas é a principal fraude detectada coa vivenda protexida, en Galicia é unha casuística totalmente menor nas estatísticas. A inspección só detectou no últimos seis anos dous casos nos que o titular alugaba a terceiras presentas dependencias do mesmo. Un deles na provincia de Ourense e outro na de Pontevedra, comportando sancións de entre 10.000 e 15.000 euros.