Absolto o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pola derriba de Casa Carniceiro
A Audiencia Provincial sentenza que «existen dúbidas» de que a derriba fose un «mero capricho» do Concello e por tanto un «inxustificado exercicio de abuso de poder»

Absolto o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pola derriba de Casa Carniceiro / Casteleiro / Roller Axencia
A Audiencia Provincial da Coruña absolveu ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, , e ao arquitecto técnico municipal José Luis Jares, polo caso da derriba da catalogada Casa Carniceiro o Fin de Ano de 2020. A Fiscalía pedía para ambos os 15 meses de prisión, 12 anos de inhabilitación para cargo público e unha multa económica.
Os maxistrados da Audiencia Provincial dan por boa a narración a Fiscalía. Para a Sala, si que se requiría unha autorización da Xunta para levar a cabo unha demolición, tal como ateigaba o informe do arquitecto municipal do 27 de xullo de 2020, na avaliación inicial tras o incendio do inmoble. O rexedor oleirense declarara no xuízo que non era necesario o permiso, tan só tiñan que comunicalo. O tribunal tamén destaca que o Concello non levou a cabo as medidas cautelares, como o apontoamento das fachadas. Con todo, os maxistrados consideran que «existen dúbidas incompatibles coa fehaciencia necesaria para enervar a presunción de inocencia».
Os xuíces descartan que se trate dun delito de prevaricación, porque as supostas decisións ilícitas terían que «favorecer» á ruína e os implicados terían que ditar unha resolución inxusta «a propósito», rompendo «de forma total» o ordenamento xurídico. Consideran que os problemas para determinar se é prevaricación xorden de que Casa Carniceiro non é un edificio «singularmente protexido», xa que, no propio Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral, contaba cun grao de protección «non integral» e que por tanto «vén faltar o elemento obxectivo do delito» para unha prevaricación especial.
A Sala chega á conclusión de que Ángel García Seoane coñecía e asumía que se requiría un permiso previo de Patrimonio para derrubar o inmoble, tal e como testemuñou tamén a asesora xurídica do Concello no xuízo. «É igualmente incuestionable que dita autorización non foi concedida», afirma a sentenza, que engade que houbo unha «demora por parte do Concello en levar a cabo as obras de conservación» e que a continua deterioración e derrubes do edificio «veñen facer máis rechamante a frenética actuación municipal o últimos tres días do ano 202ou».
Con todo, os maxistrados conceden que «é difícil cualificar» se a lentitude na actuación é «consecuencia dunha endémica lentitude da nosa administración». Por iso, sinalan que determinar se a derriba foi unha «actuación irregular pero movida por un celo» ou unha «actuación caprichosa e á marxe de toda cobertura ou amparo legal» é de «difícil proba».
O tribunal subliña que estas dúbidas son as que provocan a absolución dos acusados, xa que parten das declaracións de técnicos que explicaron que «aínda que existise o requirimento autonómico á rehabilitación do edificio, iso puidese presentarse como unha proposta máis teórica que real» e que a demolición era algo «inevitable», segundo declarara o arquitecto técnico municipal.
Por todo iso non poden chegar á conclusión que a derriba se poida cualificar «comounha c onducta determinada para impor arbitrariamente o mero capricho da autoridade municipal» e que, por tanto, o Concello actuase «nun inxustificado exercicio de abuso de poder». Os maxistrados engaden que «podemos estar ante unha actuación formalmente irregular, clandestina ou opaca, para remediar unha previa inacción do propio consistorio e dos seus responsables, pero non inxusta nin groseramente contraria a Dereito».
A Audiencia Provincial ditamina así a absolución de tanto Ángel García Seoane como de José Luis Jares. A sentenza non é firme, polo que cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior.
O incendio que destruíu unha xoia arquitectónica
A saga do caso comezou o 16 xullo de 2020, cando un incendio arrasou coa vivenda. Os técnicos municipais destacaron nos seus informes que a rehabilitación do edificio era practicamente imposible e que o seu estado actual supuña un «serio risco» de esborralle.
No xuízo, Ángel García Seoane xustificou a derriba afirmando que la prioridade era protexer a condutores e viandantes para que non houbese mortes por desprendementos. O rexedor tamén sinalara que, ante a alerta de temporais os últimos días dese ano, a demolición era algo necesario para asegurar a seguridade dos veciños e condutores da N-VI.
- O alcalde Ángel García Seoane, tras a súa absolución: «Os veciños de Oleiros son os únicos que me poden botar á miña casa»
- A trampa visual de Perillo
- Absolto o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pola derriba de Casa Carniceiro
- Atopan o corpo sen vida do home de 73 anos desaparecido en Sada desde o venres
- Oleiros pide 400.000 euros para instalar bancadas no multiusos
- Novo proxecto turístico en Arteixo: seis cabanas de bosque en Insua
- O Concello dá luz verde á delimitación definitiva da urbanización da Penouqueira
- As rutas en catamarán da Reserva saen á costa de Sada, Lorbé e Miño