Entregan os restos de Gerardo Gómez, o bergondés asasinado en 1938 tras fuxir do penal de San Cristóbal
Este carpinteiro foi arrincado á forza da súa casa en Carrio con só 18 anos: "Leváronllo detido e non volveron saber del", relata un primo segundo
Entrega dos restos de Gerardo Gómez aos seus familiares. / LOC
A. P.
Os restos do bergondés Gerardo Gómez Lorenzo, preso do Forte de San Cristóbal asasinado tras a fuga de maio de 1938, foron entregados este luns aos seus familiares nun emotivo acto celebrado en Pamplona.
O seu corpo e o do segoviano Jesús Esteban Muñoz, exhumados das fosas de Urtasun e Leranotz foron entregados entre visibles mostras de emoción aos seus familiares pola vicepresidenta segunda do Goberno Foral e conselleira de Memoria e Convivencia, Acción Exterior e Eúscaro, Ana Ollo.
Gerardo Gómez era carpinteiro. Ingresou no Forte de San Cristóbal o 14 de xuño de 1937, onde permaneceu ata a fuga. O seu corpo foi exhumado o 22 de maio de 2018 en Leranotz (Esteribar), no día que se cumprían 80 anos da fuga.