01

“Ola, son Pinky, experto en xurros. Vivo nunha granxa con outros animais e, como a vós, preocúpame o impacto que teñen as explotacións gandeiras no medio ambiente. Din que do porco aprovéitase todo, e no meu caso ata os xurros! Se quedades, ao longo de catro vídeos invítovos a descubrir como xestionar correctamente os residuos orgánicos de orixe animal, incluídos os xurros, para que poidan ter unha segunda vida e producir biometano, unha enerxía limpa e renovable que está a axudar a descarbonizar o sector gandeiro. Tamén vos quero presentar ao meu gran amiga Elena Monxe, divulgadora científica nas redes de @infarmarte. Espero que, entre os dous, podamos resolver todas as vosas dúbidas. Acompañádesnos nesta viaxe?”
Do porco, ata os xurros! enmárcase dentro do proxecto #BuenaHuella, liderado por Naturgy , que en 2025 busca informar de xeito didáctico sobre o papel que xogan os gases verdes, especialmente o biometano, na transición enerxética. Así mesmo, a compañía busca con esta iniciativa, “medir, reducir e neutralizar” as emisións de CO2 dos contidos xerados, minimizando o impacto ambiental desde a creación ata a súa difusión. Esta iniciativa é parte da estratexia de Naturgy para mitigar o cambio climático e avanzar cara a unha economía neutra en carbono. Nesta liña, Prensa Ibérica tamén se quixo adherir ás boas prácticas de sustentabilidade e minimizar a pegada de carbono do proxecto tanto no momento de producir estes contidos, así como á hora de optimizar os procesos.