
A Taquería Niño Rey da Coruña busca ter o mellor taco de España
O establecemento presenta un taco de costela de porco ao tequila, "bañado nun pipián verde, unha terra de semente de cabaza frita, sal de verme" e "unha choiva de totomoxtle", que é "a folla do millo feito cinza". O potente recheo vai abrazado por unha "tortilla azul nixtamalizada" e salpicada cuns curiosos pétalos de caléndula que lle achegan "contraste e un pequeno dulzor". Más información



