
RAC
Así foi a operación antidroga con 12 de tidos e rexistros na Coruña, Betanzos e outros puntos de Galicia
Policía Nacional, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria dan por desarticulada unha red de distribución de droga en Galicia coa detención de 12 persoas e outras dúas investigadas por delitos de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal, branqueo de capitais, tenencia ilícita de armas e receptación. Entre os inmobles inspeccionados, destaca un domicilio da Coruña que funcionaba como punto de venda de estupefacientes e que fora obxecto de varias queixas veciñais. Tamén figura un domicilio de Narón, empregado como piso de seguridade ou “gardería” onde ocultaban armamento e droga.
En total, realizáronse 17 entradas e rexistros onde se localizaron sustancias estupefacientes como cocaína, haxix, MDMA e heroína, ademais de seis armas de fogo, grandes cantidades de munición e uns 138.000 euros en efectivo. Tamén foron incautaron doce vehículos, dous deles de alta gama.



