
Sara Fernández García / PI STUDIO | FOTO: JOSÉ LUIS ROCA
Folga Xeral: Varios detidos e feridos durante a xornada do 11N
O balance provisional de detencións practicadas polas Forzas de Seguridade elévase ata os 31 casos nunha mañá na que esas fontes non reportan incidentes graves.
Os dous puntos de maior tensión foron Zamudio (Vizcaya) e Zamora, onde choques entre piquetes e policías acabaron con lesións: un ertzaina ferido en Zamudio e dous policías nacionais no caso de Zamora.
Os sindicatos denunciaron "brutalidade policial" na carga contra un piquete en Mercamálaga, cando membros dese grupo incendiaban colectores.
A actuación policial da mañá complétase con "centenares" de identificacións nas rúas -o acto de parar a un cidadán e pedirlle que mostre a documentación-, afirman outras fontes policiais, aínda que sen un balance oficial emitido por Interior.



