As contas para 2027
BNG e PSdeG acusan á Xunta de facer «propaganda» cos orzamentos de 2027
Os partidos da oposición lamentan que un ano máis se inclúan rebaixas fiscais que, asegurán, beneficiarán aos que máis teñen

Ana Pontón (BNG) e Patricia Iglesias (PSdeG). / FdV
R. S. C.
Tras coñecerse o proxecto de orzamentos para o ano que vén e, especialmente, as rebaixas fiscais anunciadas pola Xunta, a oposición non tardou en mostrar o seu descontento sobre unhas contas que, consideran, están «cargadas de propaganda» e traen «agasallos» para «os de sempre».
Concretamente, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, tachou a rebaixa anunciada dos 0,25 puntos sobre o tramo autonómico do IRPF de «tomadura de pelo», que «non vai supor ningunha axuda real» para as familias. En canto á vivenda, lamentou que a medida anunciada supoña unha rebaixa para os que máis teñen, «os construtores, mentres miles de galegos non poden nin pagar un aluguer», e á súa vez a partida orzamentaria sexa só «17 millóns de euros máis que no ano 2009».
«O señor Roda non anunciou nin unha soa medida eficaz e real para axudar aos galegos, aos sectores produtivos ou ás pequenas e medianas empresas nun momento no que o custo de vida está disparado», aseverou, condenado simultaneamente non coñecer aínda o detalle do proxecto, que se entregará no Parlamento o vindeiro luns, para que desde a Xunta poidan «facer propaganda durante tres días cun texto» que só eles coñecen. Para Pontón son, en definitiva, unhas contas «rutineiras» nas que, «iso si», non faltan as rebaixas fiscais «que benefician máis aos que máis teñen», o que definiu como a «marca da casa» do PP.
A valoración do PSdeG foi na mesma liña, coincidindo en termos como «propaganda» ou en que as medidas anunciadas acabarán «favorecendo ás rendas e os patrimonios máis altos». A deputada Patricia Iglesias, de feito, fixo as contas, e sinalou que para unha parella na que os dous cobran 25.000 euros e teñen 2 fillos, a rebaixa no IRPF autonómico será só de 5 euros mensuais.
Cargou tamén contra o aumento da débeda pública, afeando que despois de triplicala desde 2009, agora a Xunta «saque peito» de non incrementala por cuarto ano consecutivo; e contra os baixos niveis de execución que arrastran as contas autonómicas, dado que en 2025 apenas se gastou un terzo do orzado en programas para o acceso a vivenda. Por todo iso, Iglesias tachou á Xunta de «mala xestora» e autora duns orzamentos «raquíticos», que, ademais, tramítanse cun «desprezo absoluto» ao labor do Parlamento e dos grupos da oposición, que nolos terán ata o luns.
Fonte: Faro de Vigo
- Multas, sinais e esquecementos ao volante: case nove de cada dez condutores galegos suspendería hoxe o exame teórico
- Aparecen dous irmáns mortos en Castroverde
- Más trens e máis de 500 prazas por convoi: así cambia o Eixo Atlántico A Coruña-Vigo desde o 15 de outubro
- Investigan a unha persoa por sabotaxe continuada na liña de tren de Ortigueira
- Rueda pide 'esforzos renovados' ao PP da Coruña para que Galicia sexa o 'motor do cambio' en España
- Os trens turísticos de Galicia pechan a tempada cunha ocupación media do 93%
- O tempo na Coruña: a influencia anticiclónica trae aire cálido este mércores
- Formoso reivindica a 'lei de netos' en Buenos Aires e rexeita vincular as nacionalidades co voto