Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Opinión | A ciencia nun chío

Ultrasóns cerebrais

A estimulación cerebral profunda utiliza eléctrodos implantados en rexións específicas do cerebro para modular a súa actividade mediante impulsos eléctricos. Aínda que non cura enfermidades como o Parkinson ou a epilepsia, pode contribuír a aliviar algúns dos seus síntomas.

Como alternativa menos invasiva, diversos grupos de investigación traballan nunha nova estratexia coñecida como sonogenética, que utiliza ultrasóns para actuar selectivamente sobre determinadas neuronas. Para iso, estas células modifícanse xeneticamente co obxectivo de facelas sensibles ás ondas acústicas. Deste xeito, é posible activar ou inhibir circuítos neuronais específicos e controlar determinadas funcións, como a actividade motora, sen necesidade de implantar eléctrodos no cerebro.

Tracking Pixel Contents