
Carlos Pardellas
Os vehículos volven circular pola Pasaxe tras a derriba do viaduto do Chuac
A avenida da Pasaxe, unha das principais vías de acceso á cidade da Coruña, recupera a normalidade coa súa reapertura ao tráfico tras a demolición do viaduto que daba acceso ao Chuac. A circulación é fluída este Xoves Santo, debido á a escasa densidade de vehículos polas vacacións de Semana Santa. Aínda que a programación da obra continuará nos próximos días coa derriba dos vans restantes e a demolición total da estrutura, non serán necesarios novos cortes de tráfico para realizar estes traballos.



