Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Canteiras da Coruña denuncian unha onda de roubos e actos vandálicos: "esta situación compromete a continuidade das empresas"

O sector mineiro galego solicita unha resposta coordinada fronte a estes incidentes

Imagen de una explotación en A Coruña

Imaxe dunha explotación na Coruña / LOC

Xa nos segues?Márcanos como medio preferente
Engádenos en Google

RAC

A Coruña

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) e a Asociación Galega de Áridos (Arigal) denunciaron publicamente a reiteración de roubos con forza e actos vandálicos en canteiras e explotacións mineiras da provincia da Coruña. Segundo ambas as entidades, os incidentes hanse repertido durante as últimas semanas e están a xerar "un clima de inseguridade nun sector estratéxico para o tecido industrial galego".

As organizacións advirten de que estes feitos non só provocan danos directos nas empresas afectadas, senón que tamén poden repercutir en terceiros polas interrupcións na cadea de subministración. "Esta situación compromete a continuidade de empresas, pon en risco emprego e debilita a competitividade do sector", sinalan.

Piden máis vixilancia

COMG e Arigal reclaman medidas urxentes e efectivas, entre elas un reforzo inmediato da vixilancia nas áreas onde se rexistraron os incidentes, a investigación dos feitos e a posto en marcha de accións preventivas coordinadas coas propias empresas do sector.

Desde Arigal insisten en que "a seguridade nas explotacións mineiras é unha condición imprescindible para garantir a actividade industrial, protexer aos traballadores e evitar consecuencias nun sector que ten relevancia no desenvolvemento socioeconómico de Galicia".

Tracking Pixel Contents